Cando a vida cobra débedas a destempo
choro bágoas de fel
impotente
maldigo á sociedade apática e
aos poderes cómplices
maldigo aos machos podres
que violan e esnaquizan impunemente
rapazas cos soños por estrear
ao volveren cos pés esmagados
das longas xornadas de traballo nas maquilas
(os deuses ausentes)
Deixan ducías de tumbas baixo os cactos espiñentos
coa lúa de limón e vinagre como compañeira
as estrelas agochan
para non ver tanto espanto repetido
mentres escoitan
berros que esixen xustiza
Cando a vida cobra débedas a destempo
choro e afogo na pena
No hay comentarios:
Publicar un comentario