TRAIZÓN
a pel dos meus brazos
e cinco
cada ombreiro
vinte crávanse
no cabelo
e nas unllas
colgada na parede
do teu dormitorio
asemello
unha araña aplastada
pola palma da túa man
non puiden ver
o disparo nas costas
detendo
a corda do meu reloxo
e de cando en vez
coma se fose
a túa obra de arte
limpas os alfinetes
e o disparo
coa inocencia
da túa culpabilidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario